O trío herculino The editan Legs EP mentres agardan na semifinal do Proxecto Demo

O trío herculino The editan Legs EP mentres agardan na semifinal do Proxecto Demo

10 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

The son un trío herculino de post-punk con grandes querencias polo noise que lles gustaría soar, segundo as súas propias palabras-,como a Velvet Underground tocando cancións de Joy Division versionadas por The Screamers e os guitarristas de Sonic Youth. Actualmente son semifinalistas do Proxecto Demo e un dos seus guitarristas e vocalistas, Miguel, asegurou en Radiofusión que con este post

Ao principio a banda estaba formada por dúas guitarras (Jrucho e Miguel) e unha caixa de ritmos, pero despois do primeiro concerto uniuse ao grupo Brais para tocar a batería, dándolle ao grupo un son moito máis potente. No verán do ano 2008 comezaron a dar os seus primeiros concertos como banda completa.

Unha gran parte do seu son está influenciado polo proto-punk (Velvet Undergroud, Iggy pop), punk (Sex pistols, Buzzcocks), postpunk (Joy Division, Mission of Burma) e grupos alternativos dos 90 (Sonic youth, My bloody valentine).

The tamén forman parte do son “Galician Bizarre” xunto con outras formacións como Telephones Rouges ou Los Santos, que buscan crear música propia e con denominación de orixe, a partir da influencia underground galega e internacional.

Cultura