O traballo de recuperación dos mamíferos mariños

O traballo de recuperación dos mamíferos mariños

07 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A única unidade de coidados intensivos(UCI) para a recuperación de focas procedentes de Irlanda ou Terranova e tartarugas do Caribe varadas en Galicia atópase en Ferrol. O centro componse dunha única sala de 20 metros cadrados pertencente á Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Grazas a un convenio de colaboración coa Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) xestiona esta labor de rehabilitación dos cetáceos. U

As tres especies de focas que aterran nas costas galegas son a a foca capelo, a foca pía e o lobo mariño. No caso das tartarugas son a chamada de coiro, a mariña común, a máis habitual e a tartaruga verde. O procedemento para a recuperacións destes animais enfermos iniciáse cunha chamada gratuíta ao 112 ao que lle segue o traslado da unidade móbil que abrangue a costa galega de Fisterra a Ribadeo ata o lugar onde aparece a especie. A segunda das unidades existentes en Galicia, encárgase dos casos entre Fisterra e A Guarda. Posteriormente proceden ao aviso das autoridades. O coordenador de mamíferos mariños da SGHN, Juan Ignacio Díaz d’a Silva explicou que cando chegan ao lugar onde se atopa a foca ou a tartaruga o primeiro é procurar que non volte ao mar, arroxan unha toalla para reducila e inmediatamente introdúcenna nun transportín con grandes cantidades de xeo.  

Cando chegan á UCI o prioritario é arrefríalo primeiro polas extremidades inferiores, logo polas aletas ata a cabeza. Procédese  a súa hidratación interior cunha mangueira ou soro, exáminase o seu estado mediante auscultación, análise das feces, sangue ou búsqueda de parásitos. Todos estes traballos realízannos médicos, veterinarios ou ATS de forma voluntaria.

Xurxo, Seixo, Seixas, Insua, Camariñas, Burgo ou Fenicio son algunhas das  focas recollidas por este grupo de traballo que as nomean segundo o lugar onde as atopan. Estes animais chegan ás nosas costas desnutridos e nunhas condicións moi precarias. A UCI de Ferrol consigue recuperalos con coidados e moita dedicación para poder voltar, xa restablecidos, ao seu habitat natural. 

Sociedade