O traballo en equipo

A priori o traballo en equipo é algo bo, pero non hai verdades inamobibles
12 de Decembro, 2019 - 10:28 h. | Publicada por Radio Fene

Traballar en equipo non sempre é aconsellable. A maioría das veces aumenta a produtividade e mellora os resultados. Pero, outras, faino á conta do benestar das persoas.

ESCOITA O PODCAST:

Programa Vilanova, con José Barcia

http://173.255.131.18/audio/111219BARCIA.mp3

As grandes empresas promocionan o traballo en equipo porque está demostrado que aumenta a produtividade e a creatividade. Pero o establecemento de obxectivos e a necesidade de lograr resultados pode tamén incrementar o estrés.Para evitar esas tensións, as empresas e institucións deben transmitirlle tamén aos seus empregados, uns valores, segundo indica o psicólogo José Barcia. Vantaxes para as familias, entornos amables, lugares de descanso no posto de traballo e comedores saudables, son algunhas das medidas que se poden arbitrar para lograr unha maior identificación do traballador coa empresa ou institución. Falamos deses asuntos no espazo Vilanova da Fenestra de Radio Fene.

Deportes

Publica o teu comentario agora