O transporte xera riqueza

O transporte xera riqueza

10 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Incorporar a cidade de Ferrol aos grandes eixos de transporte e de movilidade, axilizar a conexión ferroviaria co porto exterior de Caneliñas e impulsar a creación da Plataforma Loxística de San Pedro de Leixa son algúns dos máis salientables obxectivos que o concello da cidade pretende desenvolver conxuntamente cos municipios integrantes do Eixo Atlántico. A organización, que se reuníu esta mañá no concello da cidade departamen

O documento calificado como de “última xeración” polos seus creadores, recolle un estudo baseado en tres pilares fundamentais para o desenrolo das comunicacións e o transporte: a planificación, conxunta como eurorrexión, antes da creación de infraestructuras, a creación das propias infraestrructuras atendendo aos criterios de movilidade e conectividade e o desenvolvemento de políticas sostibles de respeto ao medio ambiente e aforro enexético.

Neste senso o estudo do Eixo Atlántico fai unha clara aposta pola potenciación de medios de transporte ferroviarios e portuarios que teñen que acadar maior relevancia da que teñen na actualidade. A este respecto, o secretario do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, afirmou que “as grandes cidades do eixo, Coruña, Santiago, Vigo e o norte de Portugal, estarán unidas por ferrocarril antes que por estrada”. 

As “Estratexias de Transporte”, como documento de cohesión que é, será discutido agora coas administracións autonómicas e o goberno portugués, que son quenes teñen a capacidade y a decisión de destinar o financiamento necesario para estes proxectos.

O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, que presidiu a inauguración da xuntanza, manifestou que o seu goberno vai seguir participando de xeito activo no seo do Eixo Atlantico, posto que na cidade, “quedan aínda moitas cousas por facer neste terreo”, ao tempo que agradeceu o traballo dos expertos que elaboraron o plano de extratexias que sen dúbida “vainos axudar enormemente a non errar no que aínda non está feito”, dixo.

Institucional