O turismo máis cercano

Son menos pero hai pelegríns no camiño inglés
08 de Setembro, 2020 - 10:43 h. | Publicada por Radio Fene

A oficina de turismo de Fene permanecerá aberta ata mediados de outubro, ofrecendo información da localidade, da comarca e da provincia da Coruña.

ESCOITA O PODCAST:

Algo máis de 200 persoas, a maioría pelegríns, visitaron a oficina de turismo de Fene nos meses de xullo e agosto. A oficina permanecerá aberta aínda un mes máis, ata mediados de outubro. A maioría dos visitantes son persoas de fora de Galicia, en palabras da técnico de turismo Estefanía Purriños, a pesar de que disminuiu o número de camiñantes polo camiño inglés con respecto a anos anteriores.

O interés dos visitantes empeza por coñecer Fene e continúa por outros lugares da provincia da Coruña. Se alguén se achega preguntando polas beleidade de Fene, dependendo se ten medio de transporte ou vai a pé, Estefanía recoméndalles o Museo do Humor e o parque Castelao ou mándaos ao monumento ao Camiñante e os exemplos de arquitectura indiana ou, se a preferencia é a natureza, o seu destino ideal é a fervenza do Belelle ou os areais de Limodre.

Na oficina de turismo fenesa dispoñen de información de Fene e de toda a provincia. A Deputación da Coruña editou este ano moitos folletos turísticos, entre outros a serie “A Coruña, unha provincia por coñecer” na que se ofrecen roteiros polos castelos, os mosteiros ou os sitios arqueolóxicos. A oficina fenesa abre as portas a diario, moi cediño, de 8,30 a 14 horas e de 15.30h a 17.30horas.

Cultura

Publica o teu comentario agora