O Universitario recibe ao Arxil de Pontevedra

O Universitario recibe ao Arxil de Pontevedra

15 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Mañá sábado, 16  de xaneiro, ás 7,00 da tarde, o Universitario de Ferrol xoga contra o Arxil, equipo ao que xa gañou na xornada inaugural por un apertado 67-69.  O Uni finalizou a primeira volta da LF-2 de baloncesto feminino con 8 vitorias e 6 derrotas e, para poder continuar na parte alta da clasificación necesita gañar esta semana.

As xogadoras xogan mellor cando van moitos afeccionados a velas: a todo o mundo gústalle que aprecien o seu traballo. Elas adéstranse  e traballan toda a semana para xogar ben e ofrecer un bo espectáculo, segundo salienta o Universitario nun comunicado.

 

O adestrador Chiqui Barros conta para o partido de mañá con todo o plantel, exceptuando a María. A principal novidade é a progresiva incorporación de Laura Audere, quen xa entrena 2 dias á semana en sesión doble. "Cada dia vexo ao equipo máis forte" indicou o técnico ferrolán. 

 

A pivot chilena Tatiana Gómez e a recén incorporada americana Alex Anderson son algunhas das cartas do Arxil, un equipo que finalizou a primeira volta como penúltimo, a pesar de que conta con aspiracións para rematar a Liga na metade darriba da táboa. 

Deportes