O Val Miñor reivindica a arte alternativa no III Festival Berra Nigrán!

O Val Miñor reivindica a arte alternativa no III Festival Berra Nigrán!

11 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A Asociación Berra Val Miñor organizou para mañá xoves, 12 de agosto, a III edición do Festival Berra Nigrán! Unha cita que terá lugar no Campo das Redes, en Praia América e que comezará ás sete da tarde. A protagonista será a música de Festicultores, Kogito, Tanghana's Show, Funk'n'Bastards e So

A Asociación Berra Val Miñor é a organizadora deste festival. O seu obxectivo é promover actividades culturais e de ocio para a mocidade na comarca pontevedresa. Igualmente, con citas coma esta tratan de reivindicar, segundo aseguran, “a arte de rúa, alternativa, que nace no corazón, nos barrios, nas aldeas ou nos parques”.

Ademais de celebrar festival en Nigrán, coma todos os anos o colectivo organiza o Berra Baiona!. Será o 26 deste mes de agosto no Campo da Palma. Os concertos comezarán ás oito da tarde e estarán protagonizados por O'Funkillo, Los Sundayers, Bitter Mambo, Ganjahr Family e Rivermind.

Cultura