O Val quere a cabeza

O Val quere a cabeza

01 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Val enfróntase ao Lamela en Silleda na próxima xornada de liga. A catro puntos do Mugardos e cun partido menos, pode albergar esperanzas de encabezar a clasificación. O xogador de O Val, Pablo Caínzos, augura unha batalla campal pola cabeza.  

Unha das prazas de ascenso de primeira autonómica de fútbol quedará en Ferrolterra. Salvo sorpresas de última hora, e a 5 xornadas para que remate a liga, parece o máis probable que o Galicia de Mugardos ou o Val estean a vindeira tempada na preferente autonómica.

O Val está a catro puntos do Mugardos e ten un partido pendente co Cee. Enfrontase esta fin de semana en Silleda ao Lamela, conxunto que se medra na casa.  Unha das pezas coas que conta o Val para acadar os puntos tan necesarios é con Pablo Caínzos, central ou  mediocentro incorporado ao plantel hai un mes e medio.

Cos pes na terra o que fora xogador do Perlío non se fía das combinacións do calendario e afirma que, a estas alturas, todos necesitan gañar. “Vai ser unha batalla sen cuartel" segundo Pablo Caínzos.

 

Sociedade