O veleiro de Yann Tiersen atracará en EXPOCoruña

O veleiro de Yann Tiersen atracará en EXPOCoruña

17 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

A el pertencen algunhas das bandas sonoras máis sobranceiras dos últimos anos: velaí está “Amélie”, tamén “Good Bye, Lenin” e, “Tabarly”, un biopic sobre a vida dun célebre mariñeiro na que a súa música zoa como vento que inza as velas. Este último traballo é o que presenta na xira que traerá a Yann Tiersen por vez primeira a Galicia.

 

O multiinstrumentista galo visitará a cidade de A Coruña o día 3 de xullo, como estrela convidada da segunda edición do ciclo MOVE Music & Sound que se ven desenvolvendo no recinto feiral herculino EXPOCoruña. As entradas custan 15 euros agora e custarán 18 euros na billeteira o día do concerto. Pódense adquirir a través da web de Caixa Galicia ou no número de teléfono 902 434 443, así como nas tendas Portobello en A Coruña; Elepé e Gong, en Vigo; e Disco Precio, en Santiago de Compostela.

Cultura