O vello bambalinón

Un grupo de artistas colaboran na restauración do bambalinón do cine Adriano
16 de Xaneiro, 2020 - 11:45 h. | Publicada por Radio Fene

Queda pouco para rematar o “bambalinón” todo un símbolo do cine Adriano de Barallobre . Anunciannos que as "formiguiñas" siguen trabajando.

ESCOITA O PODCAST:

Un grupo de persoas, todas elas artistas, a instancias da asociación Patio de Butacas, está a recuperar o bambalinón que colgaba de lado a lado do escenario da sala. Unha tea bermella coas iniciais C.A. de Cine Adriano, e dragóns bordados en dourado. A tea estaba moi deteriorada cando Patio de Butacas comenzou a súa campaña de recuperación da sala de Barallobre, hai cinco anos.

Pouco a pouco foron solventando os problemas máis acuciantes para a conservación física do inmoble sito na Estrada da Palma en Barallobre. Véxase a retirada de escombro, a impermeabilización da azotea para frear as humidades; a restauración do escenario coa axuda de mozos da localidade; ou a aportación de cadeiras ao patio de butacas, pintadas pola artista ferrolá Carmen Martín, e a última incorporación de butacas procedentes da reforma dos Duplex Cinema de Ferrol. A limpeza da maleza nos muros exteriores foi outro dos labores máis recentes, realizados coa colaboración desinteresada das persoas.

A actual presidenta de Patio de Butacas tivo sempre claro que había que manter o edificio en pé para darlle unha posibilidade de futuro. Así o declaraba Marta Barros en 2015 e sigue fiel a iso. A propria presidenta de Patio de butacas, Marta Barros, e a pintora Loli Fernández, levan a cabo o minucioso traballo de recuperación da tea e a pintura do bambalinón do cine. Con elas, Eva Seoane , Mª Carmen García, Oliva Yáñez e Jandy. Levan meses traballando nel porque ten un valor simbólico moi relevante na sala de Barallobre. Xa queda pouco, como podemos constatar polas imaxes tiradas por Marta Barros.

Cultura

Publica o teu comentario agora