O venres 27 terá lugar a Asemblea Anual da Asociación de Veciños da Praza de Santa María de Vilalba

O venres 27 terá lugar a Asemblea Anual da Asociación de Veciños da Praza de Santa María de Vilalba

25 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Asociación de veciños da Praza de Santa María e Entorno de Vilalba convoca a todos os seus socios á Asemblea Ordinaria Anual o venres 27 de marzo a partir das 20.00 horas. O lugar da reunión será a Casa de Cultura de Vilalba. A primeira convocatoria será ás 20.00 horas mentres que a segunda dará comezo ás 20.30 horas do serán.

A orde do día tocará os seguintes temas:

1º.- Lectura e aprobación se procede da acta da reunión anterior.

2º.- Estado de contas a 31/12/2008 e aprobación se procede.

3º.- Presupostos para 2009 e aprobación se procede.

4º.- Informe da Xunta Directiva.

5º.- Rogos e preguntas

Sociedade