O Verán Infantil 2009 ponse en marcha en Vilalba

O Verán Infantil 2009 ponse en marcha en Vilalba

15 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Pola súa banda, Pablo Márquez, responsable de Funciondeuno, explicou que todas as actividades terán un fío condutor, que será a viaxe no tempo. Gracias a esta temática común poderase coñecer, sen esquecer pasar un bo rato, as diferentes épocas do home. Así, haberá xogos nos que se aprenderá o modo de vida dos homes prehistóricos, dos celtas e dos poboadores do futuro. Tamén haberá tempo para diversións mais clásicas, como poden ser os xogos cos balóns, ginkanas, buscas de tesouros ou actividades acuáticas.

 

“Co Verán Infantil buscamos que os cativos poidan coñecer os diferentes entornos da vila, ademais de fomentar a lectura e o medio ambiente, e desenrolar actividades plásticas, dramatizacións ou contacontos”, estableceu Pablo Márquez.

 

As prazas estarán limitadas a 60 para cada quenda e contarán con cinco monitores e un director, todos eles nacidos na propia Vilalba e titulados en maxisterio e educación infantil. O prazo para poder apuntarse estará aberto desde mañá, martes 16 de xuño, ata o próximo 2 de xullo. Para aqueles que se queiran inscribir deberán achegarse pola oficina de deportes do Concello, entre as 9.00 horas e as 15.00 horas, e deberán adxuntar unha fotocopia do DNI do pai/nai ou tutor legal, fotocopia do DNI ou do libro de familia onde apareza o menor para o que se solicita a documentación, dúas fotografías de tamaño carnet do neno, unha fotocopia da tarxeta da Seguridade Social do neno e, de ser o caso, un informe de intolerancia ou alerxia a algún alimento ou de ter necesidades educativas especiais.

Sociedade