O Verán Máis Alá de Fene transporta aos participantes na máquina do tempo

O Verán Máis Alá de Fene transporta aos participantes na máquina do tempo

02 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Verán Máis Alá abríu as portas nas instalacións do colexio Centieiras de Perlío coa concurrencia de 120 nenos-as. Parte deles entraron xa ás 8 da mañán e o resto entraba ás 10. O Campus lingüístico , educativo e de lecer, pretende ademáis conciliar vida laboral e familiar durante este mes de xullo. Os participantes teñen por diante un cento de iniciativas que teñen que ver coa contorna natural, as a

Co lema AVENTÚRATE NO TEMPO, o Verán máis alá! 2012 vai ser un percorrido polas diferentes épocas que deixaron a súa pegada no noso Concello e tamén…. unha viaxe ao futuro. A bordo da “máquina do tempo”, un instrumento especial deseñado por varios científicos, os nenos e nenas participantes hanse trasladar polas cordenadas espazo-tempo para coñecer Fene e a súa contorna en diferentes momentos históricos e actuais. A excursión ao parque eólico experimental de Sotavento ou a saída para visitar o Museo do Humor e a Galaxia Imaxinaria serán algúns dos pratos fortes da programación.

Sociedade