O Verbum aposta pola diversidade lingüística coa mostra “Vigo, Cidade de Babel”

O Verbum aposta pola diversidade lingüística coa mostra “Vigo, Cidade de Babel”

29 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O museo Verbum – Casa das Palabras de Vigo cumpría este pasado luns, 25 de abril, oito anos. Facíao anunciando cambios no seu rumbo, debido á falta dunha orientación clara e da proxección social agardada. A partir de agora, este espazo olívico seguirá as liñas fixadas por un plan museolóxico que dotará dun fío condutor os seus contidos. Ese nexo será a diversidade lingüística e a com

Esta mostra supón pois, segundo os responsables do centro, a posta en marcha dun novo proxecto co que dar un renovado pulo ao Verbum, chamado a se converter nun espazo de interacción coas linguas.

A esta exposición itinerante seguiralle outra: Galicia nas Ondas. 1933-2011, que se inaugurará o vindeiro mércores, 4 de maio, e que contará con equipos antigos e modernos, transmisores, aparatos de radio, micrófonos, fondos documentais, guións e fotografías que ilustran a historia do medio: os inicios, a censura franquista, a apertura de finais dos anos 70, a transición e o futuro da radio na era dixital.

O 12 de maio estrearase a terceira das exposicións temporais, dedicada neste caso a Lois Pereiro e que estará complementada por outras actividades ao redor da figura do poeta monfortino o propio Día das Letras Galegas, o 17 de maio.

Nesta nova andaina do Verbum, o museo apostará tamén forte polas propostas de produción propia e por outras actividades que xa viña desenvolvendo nos últimos anos ao redor da banda deseñada, ademais de recitais poéticos, espectáculos de diversas artes escénicas ou seminarios.

 

Cultura