O Vicedo acolle o II Congreso de Turismo de A Mariña

O Vicedo acolle o II Congreso de Turismo de A Mariña

24 de Febreiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

A Asociación de Turismo Rural de A Mariña Lucense vai desenvolver durante os días 25 e 26 o II Congreso de Turismo, nesta ocasión adicado ó Camiño de Santiago, ó seu paso e importancia pola comarca mariñana.

Os actos do congreso serán inaugurados polo presidente da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, Xosé Antonio de la Riera Autrán e Manuel Vicente, presidente da Federación Galega de Turismo Rural. Durante as dúas xornadas de congreso os asistentes van visitar e percorre diferentes tramos do Camiño de Santiago que discurren polos concellos de Viveiro e o Vicedo. Ademais, terán lugar charlas e coloquios sobre as webs turísticas e os novos retos do sector.

Sociedade