O Vilarmaior amarga o Ramo

O Vilarmaior amarga o Ramo
23 de Decembro, 2019 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

A S.D.Barallobre atravesa unha situación precaria polos efectos do temporal no campo de fútbol do Ramo. O forte vento descolgou unha das follas do portal de acceso á instalación e o club tivo que retirala para evitar o perigo de caída. En consecuencia o campo queda aberto e na noite do sábado ao domingo entrou un coche con persoas descoñecidas no terreo que tamén recibiu a visita dun xabarín.

ESCOITA O PODCAST:
Marcas dun coche no campo de fútbol do Ramo de Barallobre

No partido da Segunda Galicia de fútbol, o Barallobre empatou co Vilarmaior a dous tantos. Segundo o adestrador Óscar Varela, o equipo do Ramo xogou unha boa primeira parte creando ocasións, pero sen finalizar. Chegouse ao descanso con empate a ceros e Garecho con Ruben e Ruben con Caruncho “fabricaron” dous goles que deixaban ao equipo local en vantaxe. Nun córner meteu un tanto o Vilarmaior e organizouse unha liorta que finalizou coa expulsión dun xogador visitante. Dez cartóns tivo que sacar o colexiado para frear un certo descontrol, que aproveitaron os de Vilarmaior para empatar o encontro. Houbo máis ocasións para o Barallobre –con outro balón ao longueiro- pero o partido finalizou con reparto de puntos.

Deportes

Publica o teu comentario agora