O xabarín no mosteiro de Montefaro

O xabarín no mosteiro de Montefaro
15 de Xaneiro, 2019 - 09:49 h. | Publicada por Radio Fene

O xabarín era o símbolo, o animal totémico da casa dos Andrade. Un dos nobres da casa, vasalo do conde de Lemos, Fernán Pérez de Andrade o Bó, construe a finais do século XIV o convento de Santa Catarina de Montefaro. Agora no centro de interpretación do mosteiro pódese contemplar unha escultura en pedra do xabarín.

ESCOITA O PODCAST:
Mosteiro de Montefaro. Xaneiro 2019

O historiador Juan Carneiro, autor do libro “Santa Catalina de Montefaro,  O mosteiro no espazo e no tempo”, salienta que os mugardeses sempre quixeron liberarse dos impostos e das cargas dos frades do convento.

A dirección xeral de Patrimonio, dependente da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta, concluíu recentemente as obras de rehabilitación do cabido do mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, en Ares. Unhas obras recollidas no plan director do mosteiro (2007) que establecía a recuperación dos accesos ao mesmo e á igrexa, volvendo á súa configuración orixinal. O mosteiro de Montefaro pódese visitar os sábados e domingos de catro a seis da tarde. Os domingos tamén de doce do mediodia a duas da tarde.

Seguro que che interesa
Cultura

Publica o teu comentario agora