O Xacobeo nas festas do Corpus de Melide

O Xacobeo nas festas do Corpus de Melide

07 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Unha réplica da imaxe do Apóstolo Santiago, que preside o altar maior da Catedral compostelá, centrou o tapiz de quince metros por quince da alfombra floral do Corpus en Melide. Particulares e asociaciacións melidenses traballaron arreo na elaboración da alfombra que cubriu a Praza do Convento causando a admiración de todos os visitantes. Continúase así unha tradición recuperada hai dous anos polo Concello de Melide.

O bo tempo acompañou os actos festivos do Corpus Crhistie onte domingo en Melide. Neste 2010, ano xacobeo, o Camiño de Santiago foi o motivo escollido para engalanar o centro da Vila. O director do Museo da Terra de Melide, Xosé Manuel Broz, creou unha réplica do Apóstolo Santiago na céntrica Praza do Convento xunto cun altar vexetal adosado á fachada da igrexa parroquial. Desde as primeiras horas do sábado a veciñanza melidense traballou na recollida dos materiais como na elaboración dos adornos deste gran tapiz. Asemade os motivos florais engalanaron alguns tramos das rúas polas que discurriu a procesión. Todos estes traballos foron coordenados polo concello. 

Sociedade