O Xacobeo pica a socialistas e populares en Fene

O Xacobeo pica a socialistas e populares en Fene

03 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Será porque se achegan as Eleccións Municipais e as  diferencias agudízanse, pero a relación política entre os grupos municipais do PP e o PSOE de Fene non pasan polo mellor momento.  Empezando pola negociación orzamentaria e acabando polo Xacobeo.

As diferencias empezan pola negociación dos Orzamentos municipais do 2010, da que o PSOE dí que os populares se apartaron dende o principio mentras que o protavoz do PP afirma que dende o 23 de marzo non volveron saber nada e a dia de hoxe aínda non os chamaron a falar do novo borrador. Esta mañán, Gumersindo Galego, insistiu entre as diferencias que os separa de apoiar as contas municipais, no millón de débeda a proveedores que non sabe de onde se van sacar.
 
Outro punto de fricción entre populares e socialistas apareceu co anuncio de que Fene acollería este verán un concerto do Xacobeo. O alcalde fenés afirmou que era producto do "amiguismo" dos populares que negocian as cousas ás costas dos gobernantes no municipio. Gumersindo Galego contesta que él unicamente se informou de que habería ese concerto en Fene porque están previstas actuacións en todos os concellos do camiño; mentres que "o alcalde e a concelleira de Cultura nin se enteraron nin se interesaron por iso, mentras se pasean con Pachi Vázquez por Fene adiante".

Sociedade