O xenial Siro

A Deputación da Coruña inaugura hoxe a exposición “O camiño á Constitución nas caricaturas de Siro” A mostra conmemora os 40 anos da Carta Magna a través de 117 caricaturas de Siro López.
20 de Setembro, 2018 - 09:55 h. | Publicada por Radio Fene

A mostra, composta por 117 debuxos, ten entre os seus protagonistas ao Rey Juan Carlos, Felipe González, Santiago Carrillo ou Manuel Fraga Iribarne.

Un dos debuxos da mostra

A Deputación da Coruña inaugura hoxe a exposición “O camiño á Constitución nas caricaturas de Siro” A mostra conmemora os 40 anos da Carta Magna a través de 117 caricaturas de Siro López. O presidente do organismo provincial, Valentín González Formoso, inaugura o xoves, 20 de setembro, ás 19.30 horas, na sala municipal de exposicións Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10. A Coruña, a exposición “O Camiño á Constitución nas caricaturas de Siro”. A Deputación da Coruña súmase ás conmemoracións do 40 aniversario da Constitución coa organización dunha exposición de caricaturas nas que o artista ferrolán Siro López recolle a súa particular visión acerca dalgúns dos episodios máis destacables da Transición española, dende a morte de Franco ata a victoria do Partido Socialista nas eleccións xerais de 1982. A mostra, composta por 117 debuxos acompañados de textos explicativos do contexto histórico que describen, ten entre os seus protagonistas ao Rey Juan Carlos,  Adolfo Suárez, Calvo Sotelo, Felipe González, Santiago Carrillo, Manuel Fraga Iribarne, Xerardo Fernández Albor ou Francisco Vázquez.

Cultura

Publica o teu comentario agora