O xuizo do Prestige comezará o 16 de outubro

O xuizo do Prestige comezará o 16 de outubro

19 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O xuizo do "Prestige" comezará o 16 de outubro deste ano. A vista, con 2.128 partes personadas, 133 testemuñas, 98 peritos, 51 abogados e 28 procuradores, prolongaráse ata maio do 2013. Como acusados figuran o ex director xeral da Mariña Mercante, José Luís López Sors, o capitán do 'Prestige', Apostolos Mangouras, e dous mariñeiros do petroleiro que verqueu 77.000 toneladas de fuel fronte a Fisterra. "O fuel, entre augas,

Segundo Manuel Rivas, "o verdadeiro ruido da marea negra foi o silencio. O silencio abraiado do mar. O silenncio das aves espantadas. O silencio do chapapote, avanzando, con sixilo, avanzando. O silencio dos pescadores e voluntarios, porque na loita contra o fuel trábase a lingua e todos os sentidos concéntranse nunha hipnose defensiva da mirada". A catástrofe que comezou cunha via de auga o 13 de novembro do 2002 revivirá agora nos xulgados.

Sociedade