O xuizo final do Universitario celébrase este sábado

O xuizo final do Universitario celébrase este sábado

27 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O Universitario Ferrol depende de sí mesmo para acceder á fase de ascenso á Liga Feminina de baloncesto, unha fase que en principio se ia celebrar en Badajoz do 14 ao 17 de maio, pero esa localización semella agora estar no ár. O sábado as ferrolanas xogarán unha final no último partido da competición oficial. Reciben no polideportivo de Esteiro ás sete da tarde a un Cáceres que non se xoga nada pero que ten un bo plantel e de segu

O Universitario figura na actualidade na quinta posición pero gañando ten asegurado o play off. Enfrontanse nesa mesma xornada o Burgos e o Pio XII de Santiago de Compostela, primeiro e terceiro na clasificación. Se gañan as casteláns, o Uni coa súa victoria pasaría por riba das compostelanas. Se vencen as de Santiago, produciríase un cuádruple empate que beneficiaria ás ferrolanas, deixando fora ao Zamora. Pero calquera opción pasa por unha victoria.

 

A directiva do Universitario reitera o chamamento á afición para acudir e encher Esteiro en apoio das xogadoras do club. As mesmas fontes transmitiron a Radiofusión o seu malestar polas últimas novas que apuntan aos movementos da Federación Extremeña de Baloncesto renunciando a organizar a fase de ascenso. O compromiso asinouse nun momento no que o Badajoz lideraba a clasificación e se daba por segura a súa participación no play off. Como queira que a situación variou e na actualidade o Badajoz xa non conta, a federación transmitiu o seu desexo de rescindir ese contrato.

 

En principio, Badajoz ia acoller a Fase de Ascenso a Liga Feminina do 14 ao 17 de maio. Reunirá aos oito mellores equipos da competición regular da Liga Feminina 2 que loitarán polas dúas prazas de ascenso en xogo. A competición enfrontará aos catro primeiros clasficados de cada un dos grupos da Liga Feminina 2 (A e B) nunha competición polo sistema de liga a unha soa volta. Os dous primeiros clasificados de cada grupo accederán ás semifinais, onde os dous equipos gañadores obterán o ascenso á máxima categoría.

Deportes