O Xulgado do Contenciosos de Lugo estima un recurso de ADEGA contra a urbanización das Costas do Parque Rosalía de Castro

O Xulgado do Contenciosos de Lugo estima un recurso de ADEGA contra a urbanización das Costas do Parque Rosalía de Castro

25 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Xulgado Contencioso Administrativo de Lugo estimou o recurso presentado pola Asociación Cultural Parque de Rosalía e ADEGA contra a decisión do Concello de Lugo de permitir a construción dunha urbanización preto das Costas do Parque Rosalía de Castro de Lugo. Estas accións referidas na sentenza son, entre outras, a desestimación por parte do Concello do escrito dirixido por esta Asociación Cultural para que paralizase a ob

A petición das dúas entidades responde “ao grave atentado paisaxístico que representa a edificación que alí se pretende consumar, non só polo volume que representa, senón pola tipoloxía do edificio”, xa que terá unha altura de 8 pisos desde o nivel da cota superior das Costas do Parque (Av. Rodriguez Mourelo) para ocupar unha parcela que chega ata a rúa inferior, a da República Arxentina .

 

 

Desde diferentes instancias tíñase suxerido unha modificación da construción que resultase menos impactante, como por exemplo adaptándose ás curvas de nivel  desde a cota superior ata a inferior, entre outras suxerencias. De calquera maneira todos estes supostos foran desestimados, aínda ignorando o feito grave de ser unha parcela afectada pola zona de influencia de dous Bens de Interese Cultural: As termas Romanas e o Sanatorio Portela, ambas catalogadas en virtude de accións iniciadas polo Bloque.

 

Na  sentenza recóllese o feito de que o Concello non tivo en conta dous Bens de Interese Cultural como son as Termas Romanas e o Sanatorio Portela, que se atopan dentro da súa zona de influencia. Tampouco contou coa obrigatoriedade de recadar o preceptivo informe positivo da Consellería de Cultura para a concesión da licenza municipal, que é recoñecido como vinculante na sentenza.

 

Así, no texto do Xulgado anúlase  o acto administrativo recorrido polo Concello, por ser contrario a dereito e ordénase a retroacción do expediente ata o momento en que debería ter sido evacuado o preceptivo informe da Consellería de Cultura.

 

Por isto, desde a asociación ecoloxista se solicita “a urxente paralización das obras da parcela CS-5 a carón da costas do Parque, por consideralas un atentado paisaxístico, nun entorno privilexiado e emblemático como son poucos en Lugo”.

 

Proxecto Ríos

ADEGA, dentro do programa de voluntariado ambiental Proxecto Ríos, organiza para o vindeiro domingo 27 de setembro, por segundo ano consecutivo, a limpeza simultánea dos ríos galegos, co gallo de achegar á cidadanía aos efluentes para que poida comprobar in situ o seu estado de degradación. Para esta asociación de defensa da natureza, un dos problemas máis graves que sofren os ríos galegos segue a ser a cantidade de lixo que aparece nos seus cauces e ribeiras.

 

A edición anterior deste proxecto levou aos voluntarios de ADEGA ata o río Rato, de cuxa cabeceira “retiraron varias toneladas de residuos, entre os que se atopaban toda sorte de residuos, coma electrodomésticos, lavabos, rodas ou colchóns”. Para esta segunda edición, os ecoloxistas volverán a este mesmo espazo, onde detectaron grandes cantidades de lixo e depósitos de refugallos.

 

Con este acto, ADEGA Lugo pretende reincidir na denuncia e poñer de novo en coñecemento da sociedade, en xeral, e das institucións competentes na súa limpeza, en particular, a situación precaria na que se atopa este acuífero.

 

Para levar a cabo esta actividade, ADEGA solicitou apoio ao concello de Lugo para a disposición de material e ferramentas adecuadas para a limpeza, tal que luvas, sacos, contedores ou angazos. Os participantes, ademais, irán amparados por un seguro de responsabilidade civil e de accidente, entregaránselles camisetas e un protocolo de limpeza de ríos para facer a actividade.

 

Calquera cidadán pode participar nesta actividade que terá lugar o vindeiro domingo, 27 de setembro, debendo congregarse ese mesmo día ás 10 horas da mañá fronte o local de ADEGA Lugo, sito na Avenida Fontiñas, 180. Prevese que a actividade se prolongue ata as 13.00 horas. Sen embargo, antes hai que apuntarse previamente nos números de teléfono 982240299 ou 676228883. Pódese obter máis información desta actividade nas páxinas web: www.adega.info ou www.proxectorios.org.

Sociedade