A obra de Ibáñez estará este ano no Museo do Humor de Fene

A obra de Ibáñez estará este ano no Museo do Humor de Fene

13 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Museo do Humor recupera os Premios Curuxa que lle deron tanto recoñecemento internacional. Será unha nova versión dos premios. Tamén a concelleira de Cultura de Fene, anunciou esta mañá a Exposición sobre Ibáñez que acollerá Fene a finais deste ano. Unha mostra itinerante dun dos debuxantes máis coñecidos polos nenos que hoxe teñen 50 e 60 anos. Unha mostra que constará de cinco apartados. Un adicado &aa

No Museo do Humor, e cunha Curuxa detrás, Rocío Bértoa presentou a nova etapa dos Premios cuxa figura produce Sargadelos. Serán premios de humor gráfico, con temática libre, con ou sen texto e con ou sen viñetas. O prazo de entrega fixouse para o 15 de setembro do 2015.
Acaban de aprobarse as bases que contemplan duas categorías, a Curuxa do Humor , para maiores de 25 anos e a Curuxa Nova, para menores desa idade. Non Curuxa, o primeiro dotouse con 2.000€ e os egundo ocn 1500.
Os Curuxa Nova dotáronse con 1000 e 500€ respectivamente.

Fene inicia un novo ciclo de monólogos para conmemorar o Día dos Museos.

O humorista galego, moi popular na TVG, ISI, será o primeiro. O seu humor permaneceu durante anos agochado no ámbito doméstico até que un bo día gañou o televisivo concurso de chistes O Rei da Comedia. Isi é habitual dos programas Luar, e Tourilandia, ademais de presentar O sofá. ISI actúa este venres 17 de abril na Casa da Cultura.

O 24 de abril tomará o relevo Federico Pérez co seu show “Ración de Breogán”; o xoves 30 de abril, Quico Cadaval, Celso Sanmartín e José Luis Gutiérrez “Guti”, presentarán en Fene “Os contos de Joselín” e, o 18 de maio, Josito Porto ofrecerá o seu monólogo “Laretando con Josito Porto”.
A edil apuntou que a entrada é completamente gratuíta, aínda que será preciso retirar invitación –dúas como máximo por persoa-, na Casa da Cultura, o mesmo día do espectáculo dende as 16 horas.

Sociedade