A obra Glengarry Glen Ross ven ao Jofre no mes de xuño

A obra Glengarry Glen Ross ven ao Jofre no mes de xuño

26 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A presentación da peza Glengarry Glen Ross, a actuación da compañía valenciana de danza Proyecto Titoyaya ou a retransmisión en directo da ópera Carmen de Bizet desde o Palau De L' Arts de Valencia, son algunhas das propostas culturais máis destacadas que acollerá o Teatro Jofre o vindeiro mes de xuño.

Segundo avanzou esta mañá a concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, a nova programación basease nos tres eixos sobre os que xiran as actividades programadas pola Concellería de Cultura ao longo do ano: a danza, a música e o teatro. A última función levará por título As damas de Ferrol, unha reestrea que a compañía de teatro profesional Teatro do Noroeste, fundada no ano 1987, fará o 3 de xuño. Os actores Eduardo Alonso, Luma Gómez e Eva Alonso interpretan unha comedia circular onde a realidade e a fantasía se debaten por ter a mesma carta de natureza.

En canto ao teatro de fóra de Galicia, pechará a tempada a obra "Glengarry Glen Ross" do ensaísta, novelista, autor teatral, guionista, director de cine, Premio Pullitzer 1984 e dúas veces candidato a un Oscar de Hollywood, David Mamet. Dirixida por Daniel Veronese.  interpretanna Gonzalo de Castro, Ginés García Millán, Carlos Hipólito, Alberto Jiménez, Andrés Herrera, Jorge Bosch e Alberto Iglesias. A súa representación enmárcase no convenio coa Fundación Caixanova. Terá lugar o vindeiro 13 de xuño.

A segunda quincena do mes de xuño terá como protagonista á danza. Entre os espectáculos máis destacados está "Lo que no se ve", da compañía valenciana Proyecto Titoyaya. Por outra banda, o Teatro Jofre acollerá o 20 a Gala XX aniversario do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación Provincial da Coruña.  

A programación musical abriráse o 12 de xuño cunha gala lírica da Asociación Amigos de la Lírica de Ferrol. Subirán ao escenario Antón de Santiago, Pablo Carballido, Alba López, Antonio Ruibal, María José Ladra e o pianista Ricardo Blanco. O programa proseguirá o 18 de xuño co programa Viva Europa 2010, que levará ao Teatro Jofre unha retransmisión en directo da ópera Carmende Bizet desde o Palau De L´ Arts Reina Sofía de Valencia. Será ás 20.00 horas e estará dirixida por Zubin Mehta.

Sociedade