Obradoiro de defensa persoal para mulleres en Soutomaior

Obradoiro de defensa persoal para mulleres en Soutomaior

10 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O CIM de Soutomaior organiza un obradoiro de defensa persoal orientado a mulleres no que se aprenderá ás asistentes habilidades básicas para a defensa persoal ante calquera posible agresión.Entre outras cuestións as mulleres que participen adquirirán técnicas básica de loita e de golpeo así como técnicas específicas que permitirían ás mulleres defenderse antes as agresións das que son obxecto de xeito m&a

Ensinaráselles ademais o manexo de armas convencionais así como de obxetos que poden ser empregados como tal ante un hipotético ataque.

As interesadas poden inscribirse nas oficinas do Centro de Información á Muller no Multiusos de Arcade ou no teléfono 986701227.

Arte para a saúde

Tamén está aberto o prazo para participar no II obradoiro de arte para a saúde que se vai desenvolver no vindeiro mes de abril. O curso inclúe a realización de diferentes actividades conducentes a recuperar os niveis de saúde daquelas mulleres que o necesiten baseándose na utilización de técnicas de traballo creativo como vehículo de canalización e expresión de sentimentos.

Sociedade