Obradoiros de circo e de radio, entre as novidades das actividades culturais do Concello de Fene

Obradoiros de circo e de radio, entre as novidades das actividades culturais do Concello de Fene

10 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un obradoiro de radio e de circo son as principais novidades deste ano nas Escolas Culturais organizadas polo Concello de Fene.  As actividades que comezarán o 15 de outubro se desenvolverán, como ven sendo habitual, nos Colexios Centieiras de Perlío, a Xunqueira de San Valentín e na Casa da Cultura de Fene.  Ofertas que complementan a nosa formación e o noso curso na vida.

As actividades culturais programadas pola Concellería de Cultura e Deportes, seguen a mesma liña que o ano pasado. Impartiránse escolas de música de piano, solfexo e guitarra na Casa da Cultura. Amais haberá obradoiros de informática, con dez persoas por curso. Teatro, iniciación ao francés, talleres de labores e abaloiros, de debuxo e pintura e o taller literario completan o programa cultural ofertado polo concello.

Tamén se ofertarán ante a demanda obradoiros de radio, circo, reciclaxe e plastilina, segundo explicou esta mañán en Radiofusión a Concellira de Cultura, Carmen Silvar.

Un libro explicativo das actividades está a piques de saír á rúa para poñerse a dispor dos usuarios /as. Amais repartíránse entre os centros de ensino do concello e entidades sociais.

Os cursos e os talleres levaránse a cabo polas tardes para favorecer  a conciliación familiar. As demais actividades, como as escolas de música, realizaránse polas mañáns.

As inscricións formalizaránse do 1 de outubro ata o 8 do mesmo mes no Pavillón da Xunqueira de San Valentín. Comezarán a impartirse o 15 de outubro. Os prezos manteránse con respeto ao ano pasado coa subida do IPC. Para máis información, contan ademais coa páxina web www.fenecidadan.net.

Sociedade