Obradoiros musicais, radiofónicos e fotográficos centran o outono da Casa da Mocidade de Allariz

Obradoiros musicais, radiofónicos e fotográficos centran o outono da Casa da Mocidade de Allariz

22 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O Concello de Allariz puxo en marcha este verán a Casa da Mocidade que serviu de punto de encontro para os mozos e mozas de entre 13 e 35 anos, quen puideron gozar do futbolín, billar, pingpong e consolas de última xeración. Cursos de guitarra eléctrica, baixo e batería; obradoiros de programa de radio, formación en audiovisuais, creación de contidos para radio

As instalacións, de 600 metros cadrados, dispoñen dunha sala de usos múltiples, unha sala de audiovisuais, un telecentro con 20 ordenadores e un local de ensaio, integrado na Rede Galega de Locais de Ensaio, na que as agrupacións musicais máis mozas poden ensaiar e mesma gravar as súas maquetas.

A partir de hoxe haberá un novo horario, máis ampliado (martes a venres de 10:00 a 13:00h, mércores e xoves de 17:00 a 20:00h, venres de 20:00 a 22:00h e sábados de 11:30 a 13:30h e de 16:00 a 20:00h) que acollerá a nova programación.

Para participar nestas actividades é preciso contactar coa Casa da Mocidade no teléfono 988680434 ou no correo electrónico mocidade@allariz.com.

Cultura