Obradoiros para a búsqueda de emprego ou solicitar cita médica mediante internet

Obradoiros para a búsqueda de emprego ou solicitar cita médica mediante internet

13 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O Telecentro de Arzúa ten previsto organizar para a última quincena deste mes unha serie de obradoiros dirixidos á poboación en xeral. Nos cursos ensinaráse cómo buscar emprego a través da rede ou mesmo cómo se solicita unha cita médica no SERGAS sen necesidade de desprazamento.

Os obradoiros, programados dende a Rede de Dinamización da Sociedade da Información, impartiranse no Telecentro de Arzúa. O primeiro deles amosa aos veciños cómo poden facer para solicitar cita co seu médico sen necesidade de acudir ao Centro de Saúde. Impartirase mañá 14 de setembro e o martes 15 , en horario de 10 da mañá ás 12 do mediodía. A finalidade última deste obradoiro é a de axudar aos cidadáns a simplificar os trámites á hora de poder acceder a un servizo básico, neste caso evitándolle tempos de espera e desprazamentos.

O obradoiro de emprego impartirase entre os días 22 a 29 de setembro, en horario de 10 a 12 do mediodía. Os particpantes aprenderán a elaborar un currículum, coñecer os  principais portais na búsqueda de emprego na rede ou descubrir as ferramentas máis fiables á hora de principiarse no mundo do mercado laboral a través de internet. Este obradoiro está aberto á participación dos cidadáns a partir dos 18 anos de idade.       

A programación prevista para este mes rematará o día 30 cunha charla sobre a difusión do Software libre. Terá lugar ás 10 da mañá nas mesmas instalacións do Telecentro. Para inscribirse en calquera dos obradoiros, as persoas interesadas poden facelo directamente no Telecentro de Arzúa, na Rúa de Lugo, ao carón do Xulgado, en horario de mañá. Tamén poderán anotarse no número de teléfono 981500447.  

Segundo explicou a encargada de atender o Telecentro de Arzúa, Olalla Calvelo, estes obradoiros “téñense convertido nun apoio fundamental para moitos cidadáns de Arzúa que a cada pouco van descubrindo as posibilidades que lle ofrecen as novas tecnoloxías de cara a mellorar a súa calidade de vida”. De feito empregarase unha metodoloxía didáctica activa, dinámica e participativa atendendo ás características de cada colectivo.

Sociedade