Obras en San Valentín

Continúa a reurbanización do barrio de San Valentín
28 de Outubro, 2019 - 10:33 h. | Publicada por Radio Fene

Fene acometerá obras de reurbanización dos bloques III e IV en San Valentín. Unha intervención na que o Concello investirá 117.441,01 euros con cargo ao POS+2019.

Fene acometerá obras de reurbanización dos bloques III e IV en San Valentín. Unha intervención na que o Concello investirá 117.441,01 euros con cargo ao POS+2019.

As obras, que sairán agora a contratación, contemplan esencialmente o acondicionamento das beirarrúas e das zonas axardinadas e, con elas, o Concello concluirá a reurbanización de todos os bloques de San Valentín que dan á Avenida do Mar. Lembrar que este tipo de intervencións arrancaban no bloque 7, nunha elección que se determinaba por sorteo, e que en diferentes anualidades se continuou noutros bloques.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora