A observación de aves, unha forma de lecer sostible

A observación de aves, unha forma de lecer sostible

12 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Para que serven as aves? Antonio Sandoval responde que para coñecer mellor a natureza e o seu funcionamento e tamén para establecer a calidade do medio no que habitamos. Afirma o escritor que a ornitoloxía é unha boa menciña, recomendada polos psicólogos. Uns prismáticos impermeables, hainos baratos (entre 100 e 150 euros) son o único que precisaremos para apuntarnos a ese deporte que é observar as aves.

O peirao de Maniños é o mellor punto de Fene para a observación de aves, porque o máis característico neste concello son as aves de ría. En calquera porto da comarca de Ferrol veremos cormoráns, garzas, gaivotas. Sandoval cita a lagoa de Valdoviño como un lugar privilexiado onde nadan milleiros de aves.

“A observación de aves, unha forma de lecer sostible para todas as edades”. Ese é o título da charla que o xoves dezaseis de abril ofrecerá na Casa da Cultura de Fene o escritor e ornitólogo Antonio Sandoval. Quérese convidar á cidadanía a dar un paseo cos prismáticos na man, observando as aves; unha actividade entretida e curiosa.

Sociedade