Obxectivo: relaxarse

Métodos comúns para combater o estrés
23 de Setembro, 2020 - 10:56 h. | Publicada por Radio Fene

Hai métodos de relaxación para facer frente ao estrés. O psicólogo e preparador deportivo José Barcia amósanos os máis comúns para practicar.

ESCOITA O PODCAST:

Unha queixa maioritaria entre a xente é que está baixo a presión do estrés. Hoxe o psicólogo José Barcia axúdanos a conservar a calma, amosándonos métodos de relaxación que nos baixen o nivel de activación e nos quiten a sensación continua de afogo. Para iso é necesario indagar no noso interior, ser conscientes do que nos preocupa. Fálanos dun par de métodos habituais:

1. Relaxación progresiva de Jakobson. Trátase de facer un escaneado corporal, coñecer que músculos están tensos para proceder ao seu relaxamento.

2. Relaxación autóxena ou auto hipnose. Trátase dun adestramento co que nos enviamos mensaxes positivas ao noso favor. O mindfulness ou “conciencia plena” é o exemplo que está tendo máis éxito. “Procede da meditación oriental pero foise occidentalizando” afirma Barcia. “Sirve para aprender a vivir o momento presente”.

A visualización sería outra ferramenta. Consiste en traer á imaxinación algo que nos resulte pracenteiro. Barcia pon este exemplo: colocamonos nun lugar que nos resulte agradábel e visualizamos unha tarefa cotiá e rutinaria, por exemplo facer o almorzo da mañá. Visualizamola coma se estivésemos facéndoa realmente, a cámara lenta.

A música adecuada tamén pode ser unha ferramenta eficaz de apoio á relaxación.

Deportes

Publica o teu comentario agora