Ocasión perdida

Ocasión perdida
29 de Novembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“Fixemos unha primeira parte moi mala. Penso que desde que estou no Perlío foi a peor”, recoñece o adestrador do Perlío, Carlos Carballo, Vinki, na súa avaliación da undécima xornada da Terceira Galicia de fútbol feminino na que non foi posible gañar os tres puntos. Perlío 2-3 Galicia de Caranza.

ESCOITA O PODCAST:

O partido torceuse desde o principio, explica o técnico. Na segunda parte o equipo mellorou, pero non foi abondo. “Perdinme moito, non conto este partido como un bo partido pola miña parte”, admite a xogadora Sara Rodríguez Seoane, decidida, en todo caso, a “seguir para diante sen esquecer os erros”. Súa irmá Ana presenciou o partido desde a grada. “Eu vino bastante igualado, creo que en ningún momento deixamos de intentalo e iso é positivo”, opina.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora