Ocupan Nova Galicia banco vestidos de presidiarios

Ocupan Nova Galicia banco vestidos de presidiarios

21 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Delegados e delegadas da CIG de Compostela, vestidos de presidiarios, ocuparon esta mañá a oficina principal de Novagalicia Banco, no centro de Santiago, a gritos de  “Que deteñan aos ladróns”, “Non, non, non  á privatización”, “Queremos unha caixa e non un banco” ou “Non faltan cartos, sobran ladróns”. A ocupación da entidade encádrase na campaña que a CIG leva meses desenvolvendo

A CIG salienta que pretenden concienciar á poboación sobre a necesidade de loitar en serio contra o fraude fiscal e contra a precariedade laboral. Chaman a participar na mobilización convocada pola central sindical para o vindeiro domingo 23 de outubro.

Ao comezo do acto, o secretario comarcal da CIG de Compostela, Anxo Noceda, afirmou que o problema non é que non haxa recursos económicos, senón a quen se destinan os que hai. Así cuestionou as axudas millonarias á banca, mentres se recortan os salarios e as condicións laborais dos traballadores e traballadoras. “Pola vía pola que se está apostando é por unha concentración da riqueza en cada vez menos mans mentres se lle quita a aqueles que menos capacidade económica temos” concluiu.

Sociedade