Oficina móbil para a policía local

Oficina móbil para a policía local
21 de Agosto, 2019 - 01:07 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene ven de recibir o novo vehículo de atestados e oficina móbil adquirido para a Policía Local. O vehículo permitirá aos axentes elaborar in situ os atestados, ofrecendo unha mellor atención á veciñanza e facilitando o traballo que realizan a pé de rúa, axilizando a tramitación.

Vehiculo de atestados da Policía Local de Fene

O furgón da Policía Local conta cunha zona de oficina móbil, equipada con mobiliario, tres asentos fixos –un para o axente operador e outros dous-, equipos informáticos e instalación eléctrica. Un equipamento moderno e adecuado para desenvolver as tarefas policiais e prestar a adecuada atención á cidadanía.
De igual xeito, o vehículo dispón de porta corredeira lateral, portón traseiro, emisora e instalación completa con antena, extintor, material de primeiros auxilios, ponte de iluminación de emerxencia, rotulación e sinaléctica, entre outras cuestións.
Así, a partir desta semana, o vehículo pasará a formar parte do parque móbil municipal, tras un investimento realizado con fondos propios e atendendo a unha demanda trasladada pola cadro de persoal. A compra requiriu dun investimento de 46.627,57 euros, segundo informa o alcalde de Fene Gumersindo Galego.

Institucional

Publica o teu comentario agora