Olga Nogueira recibe un María Casares pola adaptación da obra Aeroplanos

Olga Nogueira recibe un María Casares pola adaptación da obra Aeroplanos

27 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Unha veciña de Redondela foi unha das galardoadas na noite do teatro galego celebrada o pasado mércores. Os premios María Casares recoñeceron o traballo realizado por Olga Nogueira e Avelino González na adaptación da obra Aeroplanos, que recentemente representou no Multiusos a compañía Lagarta, lagarta dentro do Teatrarte 2009.

Unha festa do teatro na que a grande vencedora foi a obra Unha primavera para Aldara de Teatro do Atlántico. Un texto de Teresa Moure  que obtivo sete galardóns, entre eles os de mellor espectáculo, director, texto e actriz, para María Bouzas.

Cultura