Onde o mundo se chama Barallobre

Onde o mundo se chama Barallobre

25 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

4 veciños de Barallobre morreron no naufraxio da fragata Magdalena acaecido en Viveiro en 1910. O feito testemuña a vocación mariñeira desta parróquia de Fene. No Padrón municipal do 2007 contaba con 1837 habitantes. Algúns viven ainda da pesca e do marisqueo, pero os máis traballan nos estaleiros de Fene e Ferrol (Navantia) ou en empresas do sector servizos.

En Barallobre o visitante debe acudir ao porto, circular polo paseo marítimo Bieito Cupeiro e contemplar as modernas instalacións da confraría de pescadores. Poderá ademáis descansar no Monumento ao Camiñante Descoñecido, inaugurado en 1934 e contemplar unha fermosa vista da ría de Ferrol dende o campo da festa, onde tamén se atopa a estatua de D.Andrés Barallobre. A igrexa parroquial, os institutos ubicados onde se levantaba o antigo pazo, ou a Casa da Maleta son outros lugares de interese.

Como dicia o poeta Xosemaria Pérez Parallé:

Teño un mozo mariñeiro,
outro teño pescador;
un durme na mar de fora,
outro no meu arredor.

Sociedade