As oportunidades das rebaixas

As oportunidades das rebaixas
16 de Xaneiro, 2019 - 12:37 h. | Publicada por Radio Fene

As rebaixas son a oportunidade para moitas persoas, de adquirir produtos que habitualmente non poden permitirse. A campaña de rebaixas de xaneiro é un momento para atraer novos clientes e fidelizar aos habituais. Antes de preparar as rebaixas, o comercio de Fene valora o resultado da campaña de Nadal e Reis.

ESCOITA O PODCAST:
María Priscila García de Dama, perfumería, complementos e roupa

María Priscila García de Dama, Perfumería, complementos e roupa, está moi satisfeita do resultado das vendas nas festas. Moitas visitas no comercio e a xente moi animada. Agora xa comezaron coas rebaixas que oscilan entre o 20 e o 70%. Belén Cuesta, de Berline Boutique é un pouco máis moderada. Custoulle un pouco iniciar a campaña, ainda que nos últimos dias vendeuse máis que o ano anterior. En xaneiro teñen un desconto xeral pero tamén hai prendas ainda máis rebaixadas. Nieves Grande, de Koralli Boutique, tamén percibiu á xente animada, ainda que a campaña comezou moi frouxa. Para Reis vendeuse bastante tanto en roupa de home como de muller. Os descontos nestas rebaixas oscilan entre o 20 e o 50%. Descontos importantes que animan á compra ainda que o valor das rebaixas para o consumidor foise diluindo coas constantes campañas promocionais durante todo o ano. Tamén influiu nese feito a liberalización do período de rebaixas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora