A oposición á planta de gas presidiu a fogueira de Esteiro

A oposición á planta de gas presidiu a fogueira de Esteiro

24 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A lumeirada de Batallóns en Esteiro reuniu a máis de 3000 persoas que acudiron a dar a benvida ao solsticio de verán en Ferrol. Tamén foron atraidos polo arrecendo das 1500 sardiñas asadas que repartiu a Asociación Veciñal Fontelonga. A fogueira, de tres metros de alto, prendeuse arredor das 11 da noite.

Trinta toneladas de madeira arderon nesa fogueira, e moitas máis nas 700 cacharelas organizadas en Ferrolterra. En Esteiro, El rincón de Morgan puxo a nota musical dunha velada, que comezou xa pola tarde cunha visita guiada aos monumentos do que noutro tempo foi o barrio chino de Ferrol.

 

A festa rematou de madrugada. Esta mañá os máis madrugadores cumpriron coa tradición de lavarse a cara coa auga que se deixou toda a noite fora da casa, con herbas e plantas aromáticas. 

Sociedade