A oposición denuncia uso “fraudulento” dos coches oficiais da Xunta

A oposición denuncia uso “fraudulento” dos coches oficiais da Xunta

18 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

Primeiro foron os Audi, e agora os Citroën. O parque móbil da Xunta segue a dar xogo como arma no debate político. O PSdeG denuncia que 47 cargos de libre designación de cinco consellerías están a empregar os coches oficiais do Goberno “para o seu uso persoal, tanto en días de semana como na fin de semana”. O regulamento do Executivo galego permite ter estes automóbiles a disposición dos conselleiros, secretarios xerais e directores xe

Cómpre lembrar que a flota de vehículos coa que contaba o Goberno bipartito fora empregada polo Partido Popular durante a campaña das eleccións autonómicas para atacar o suposto desleixo no gasto da Administración Touriño. Cando chegou á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo decretou a venda de parte deses automóbiles, marca Audi, e prometeu ilos substituíndo por outros máis baratos e da marca Citroen, que conta con factoría en Vigo.

O voceiro de Área Institucional do PSdeG no Parlamento, José Manuel Lage Tuñas, afirmou nesta xornada que o Goberno do PPdeG mercou “máis de 600 vehículos novos” en dous anos de lexislatura, unha renovación innecesaria, declarou, porque no garaxe de San Caetano “hai coches en perfecto estado sen usar”. A ese gasto, explicou, haille que engadir os 132.000 euros anuais que lle supón ás arcas públicas a suposta “utilización fraudulenta” que dos automóbiles oficiais estarían a facer os cargos de libre designación. Lage Tuñas demandou a comparecencia do conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, en sede parlamentaria para dar conta dunha práctica da que dixo que “é só a punta do iceberg”.

Existe outro uso anómalo de vehículos oficiais da Xunta, segundo o BNG. O deputado nacionalista Bieito Lobeira asegurou que o xefe da Unidade Operativa do Servizo de Gardacostas en Ribeira emprega un automóbil da Xunta para trasladarse dende o seu domicilio en Baiona, até o seu posto de traballo, así como para asistir a actividades non recollidas no protocolo. Ademais, o Bloque mantén que este cargo ocupa irregularmente o seu posto dende o comezo da lexislatura en comisión de servizos, polo que demanda da Consellaría do Mar que abra unha investigación ao respecto.

Institucional