ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Agrupación cultural Orballo de Pontedeume- A Coruña- edita o seu primeiro disco "Orballo" e organiza –na vila dos Andrade e Ferrol–, o Congreso Nacional da Federación de Asociaciones de Coros y Danzas de España (Facyde). As duas citas neste mes de marzo.
Primeiro disco
A primeira das dúas citas será o próximo 2 de marzo, sábado, na Casa da Cultura de Pontedeume. No antigo convento de San Agustín presentarase “Orballo”, o primeiro cedé da entidade. Trátase dun traballo dirixido por Carlos e Natalia Martínez coa decisiva intervención do compositor Adolfo Seara “Fito”.
Os alumnos maiores do grupo da entidade interpretan unha ducia de temas valéndose non só das pandeiretas, senón de instrumentos como violíns ou guitarras eléctricas buscando un son máis folk e incluso aproximándose a outros ritmos como os de Brasil. O volume inclúe dez composicións, algunhas elaboradas polos responsables do proxecto e outras procedentes de material recollido pola entidade ao longo do tempo. Así mesmo, este primeiro traballo discográfico da entidade folklórica inclúe o vídeo “Eume”, un tema composto por Carlos Martínez e Adolfo Seara “Fito” hai un ano tralo incendio que padeceron as Fragas do Eume.
Novas propostas
Como salienta o presidente de Orballo, Eduardo Mourelle Botana, esta entidade comezou a traballar en 1979 defendendo o pasado pero no século XXI queren abrirse a outros ritmos e propostas sen renunciar á tradición. Ademais están moi satisfeitos porque o disco estará listo para presentar no congreso de Facydeque do que serán anfitrións os días 8, 9 e 10 de marzo.