Ordes ábrenos un abano de propostas

Ordes ábrenos un abano de propostas

12 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Unha iniciativa interesante arrinca este luns no Instituto noº 1 de Ordes. Trátase da primeira Semana Cultural do centro que vén a completar a Semana da Ciencia celebrada hai unhas datas. Esta vez centraranse nas humanidades e as letras. Ábrese hoxe cunha conferencia sobre o conflicto Palestino-Israelí e continúa mañá martes, cunha representación teatral da obra “Trocando peles”. O programa compl&eac

Ordes será tamén sede dun curso sobre enerxía térmica que se engloba dentro do Proxecto Rede Xiana da Deputación de A Coruña. O curso, de 529 horas lectivas, desenvolverase nas instalacións da empresa Couselo Raña, pioneira no sector. Ensinarase a desempregados de Ordes, de toda a comarca e do Concello de Carral, a montaxe, posta en servizo e mantemento das instalacións solares térmicas. Serverá, ademais, como apoio para acadar o certificado de profesionalidade. O prazo de inscripcións pecharase o 30 de abril no departamento municipal de Emprego. Hai número limitado de prazas.

O Concello de Ordes xunto coa equipa de normalización lingúística do instituto Número 1 desta localidade poñen en marcha unha peregrinaxe por etapas a Compostela polo Camiño Francés. Arrincou onte no Cebreiro e rematará o 6 de maio en Santiago. Todos os veciños e veciñas que se queiran sumar a esta iniciativa desfrutarán das bondades do exercicio físico e das fermosas paraxes que ofrece esta rota. O vindeiro sábado 17 de abril, levarase acabo a segunda das estapas entre Triacastela e Sarria á que lle seguerá Sarria-Portomarín o 8 de maio. Portomarín- Palas de Rei será o tramo que se afrontará o 15 de maio e sete días máis tarde percorrerase a distancia entre plas de Rei e Arzúa. Desde Arzúa sairase o 29 de amaio ata  Arca e a última das xornadas de 19 qm. farase desde Arca ata chegar a Compostela para gañar o xubileo o 5 de xuño. Os interesados poden inscribirse no concello ou no teléfono 981 680 002. Trátase da segunda edición dos “Camiños de Santiago en Galicia”  tras o éxito acadado o pasado ano coa realización do Camiño Inglés.

Tras a celebración, hai uns días, do pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, tomouse coñecemento de dúas propostas de colaboración. Por unha banda os representantes de municipios da comarca de Ordes acordaron o estudo dun proxecto de reciclaxe de residuos pioneiro en Europa. Mediante esta iniciativa, presentada pola empresa Bioclima e que obtivo moito éxito en países como Canadá e Australia recolleranse o 94% do lixo e redúcense a emisión de gases contaminantes ao ar. Un proxecto que acada perto dos 2 millóns de euros do que a metade se sufragará con fondos da Unión Europea e que implicará un aforro aos cidadáns do 50% da taxa do lixo.

A segunda das propostas acordadas nesta xuntanza é a recompilación da toponimia e microtoponimia dos sete concellos que conforman a mancomunidade de Ordes. Para iso cada municipio tería que aportar un técnico e un vehículo para o traballo de campo. Cos datos obtidos  realizaríase un mapa completo toponímico da mancomunidade que se  quere extender a toda Galiza.

“Educación en igualdade” chámase o programa posto en marcha polo concello ordense para conciliar unha sociedade equitativa e previr as desigualdades entre homes e mulleres. Para iso difundiranse campañas des sensibilización neste eido á cidadanía. Outra das ferramentas será  un obradoiro orientado ás aociacións que se presentará o vindeiro xoves, 15 de abril entre as sete e media da tarde e as nove da noite. Nel analizaranse temas básicos no eido da desigualdade e traballarase na discriminación por razón de sexo e as existentes noutros ámbitos da sociedade. O xoves 22 de abril, no mesmo horario, falarase sobre a violencia de xénero. As asociacións interesadas en participar neste taller poden chamar ao teléfono 981 686 068.

Radio Ordes está de noraboa co estreo o pasado sábado dun novo programa musical, “Entre lusco e fusco”, conducido por Miguel Lueiro. Soul, indie, música electrónica serán algúns dos estilos que se escoitarán nesta nova aventura radiofónica da grella sabatina de Radio Ordes. O programa emítese ás sete e deu o pistoletazo de saída cunha entrevista ao grupo sevillano Maga coa presentación do seu último traballo “A la hora del sol”.

Sociedade