Ordes continúa apostando pola saúde

Ordes continúa apostando pola saúde

20 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes celebrou o pasado venres unha nova charla enmarcada dentro dos programa Venres Saudables que leva a cabo a través da concellería de Sanidade. Nesta ocasión tocoulle o turno ao tema da hipertensión arterial, contando a charla coa colaboración da Asociación Galega de Dietistas-Nutricionistas, sendo Patricia Beiro, Vocal de Pontevedra da Asociación, a encargada da realización da mesma.

O edil de Sanidade do Concello de Ordes, Jesús Pedreira, acudiu á charla e explicou que “o obxectivo desta charla é concienciar á poboación hipertensa sobre a importancia que ten seguir o tratamento e realizar un diagnóstico precoz que permita reducir as máis de 45.000 mortes anuais que se cobra de forma directa a hipertensión en España". 

A charla contou cun novo éxito de participación por parte dos veciños e veciñas ordenses.

Sociedade