Ordes convídanos ao I Festival de Curtas Creative Commons

Ordes convídanos ao I Festival de Curtas Creative Commons

03 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Auditorio de Ordes acolle pasadomañá xoves, 5 de agosto, o I Festival de Curtas Creative Commons, Cinestable, organizado pola Asociación de Usuarios GNU/Linux de Ordes, Inestable.org. A apertura de portas do festival realizarase ás seis da tarde e as proxeccións comezarán ás seis e media. As curtametraxes a concurso proxectaranse a partires

As cintas premiadas neste primeiro Cinestable repartiranse máis de 800 euros entre as categorías de mellor curtametraxe, mellor curtametraxe en galego e mellor guión. As obras que se presenten en idioma galego optarán ao premio outorgado pola Asociación Cultural Proxecto Trasno, quen colabora tamén nesta iniciativa. Os asistentes á gala terán tamén a opción de votar cal lles pareceu a mellor curta das presentadas ao concurso. Deste xeito, Inestable.org quere tamén ter en conta a opinión popular e facer o festival un pouco máis interactivo.

Cultura