Ordes inaugura o paseo fluvial do río Mercurín

Ordes inaugura o paseo fluvial do río Mercurín

29 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes inaugurará mañá mércores 30 de decembro o novo paseo do río Mercurín. Un proxecto que se fai agora realidade e que supuxo a recuperación do ecosistema fluvial do río entre os muíños da Silva e da Braña, é dicir, dando comenzo no campo da feira río arriba.

As obras, que contaron cun investimento de 450.000 euros, estiveron financiadas pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, a través dun convenio asinado polo departamento autonómico do antigo bipartito e o Concello de Ordes.

Tal e como explicou o alcalde, Manuel Regos, “é unha satisfacción poder contar con este espazo de encontro no que os veciños poderán estar ademais en contacto coa natureza, e todo isto en pleno centro urbán”.

O acto de inauguración do paseo terá lugar ás 13 horas e o lugar de encontro será no inicio do mesmo, no campo da feira de Ordes. Estarán presentes no mesmo o alcalde, Manuel Regos acompañado polos demais concelleiros da Corporación, así como o Xefe Territorial da Consellería do Medio Rural da Xunta na Coruña, Enrique Luis de Salvador Sánchez.

Sociedade