Ordes súmase á conmemoración do Día Mundial da Saúde

Ordes súmase á conmemoración do Día Mundial da Saúde

05 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes, dentro do programa Ordes Saudable. instalará unha carpa da saúde na Alameda o vindeiro mércores para celebrar o Día Mundial da Saúde. Na carpa, persoal do centro de saúde de Ordes e do Colexio Oficial de Enfermería da Coruña revisarán de balde a tensión arterial, o peso e os niveis de glicosa dos veciños.

Na iniciativa colaboran tamén co Concello de Ordes, Agedo (Asociación Galega de Enfermos para a Doazón de Órganos) e a Irmandade de Donantes de Sangue de A Coruña participando cunha mesa informativa sobre a doazón de órganos e sangue. Segundo explicou o concelleiro de Sanidade, Jesús Pedreira, “a saúde debe conservarse, posto que é un dos puntos máis críticos do benestar humano e do desenvolvemento económico”.

Sociedade