Orella de prata

A festa da Orella de Limodre cumpre 25 anos.
05 de Xullo, 2019 - 12:31 h. | Publicada por Radio Fene

A AVV de Limodre convoca a nova edición da Festa da Orella, o sabado 24 de agosto na pista polideportiva da parroquia. De novo serviranse as racións de orella ao mediodia e pola noite. Mantéñense os prezos.

A Festa da Orella de Limodre cumprirá 25 anos o próximo mes de agosto. A asociación veciñal vai celebrar as vodas de prata dunha festa que naceu da nada e pouco a pouco colleu o seu sitio no mapa das festas gastronómicas da comarca e, se queremos, de Galiza. Este ano celébrase como é habitual na penúltima semana do mes de agosto, o sabado 24, na pista polideortiva da parroquia.

Máis de 800 racións de orella véñense preparando nos últimos anos. Haberá degustacións ao mediodía e á noite; ás duas da tarde e ás nove da noite. As racións serán as habituais compostas de orella, chourizo, pataca, pan e viño. Mantéñense os prezos da ración. E como é o 25 aniversario, introducirase este ano unha novidade: a preparación de bocatas de liscos para aquelas persoas que acuden á festa pero non gostan da orella. Ás 12 da noite servirase a queimada. Todo adubiado coa música que se escoitará ao longo da xornada.

Cultura

Publica o teu comentario agora