Orgullosos do seu equipo

Cultural Maniños 3- San Sadurniño 0 na copa feminina de futbol 7
05 de Novembro, 2019 - 12:12 h. | Publicada por Radio Fene

Os técnicos do Cultural Maniños de futbol 7 feminino demandan a igualdade de dereitos que están a reclamar as xogadoras de futbol. David Montero (esquerda) e Carlos Gómez (dereita da imaxe) non caben en si de gozo co equipo que lles tocou en sorte adestrar.

ESCOITA O PODCAST:

Os técnicos do Cultural Maniños feminino, Carlos Gómez e David Montero, visitaron os estudos de Radio Fene esta mañá para analizar a boa marcha do equipo e para falar de como é para eles adestrar un equipo de mulleres. Antes analizamos o Maniños 3- San Sadurniño 0 que puxo ao equipo fenés a un gol a favor de diferencia co Galicia de Caranza, co que comparte a cabeza da clasificación cos mesmos 15 puntos.

Pero xa que os tiñamos no estudo, demoramos en falar do futbol feminino, en xeral e do equipazo que dirixen, en particular. David Montero so tivo eloxios para o conxunto ao que ten como unha familia. A unidade no vestiario é tan forte que fai delas un equipo poderoso, afirma o técnico. A mesma opinión ten Carlos Gómez, colega co que ensamblou perfectamente na misión que os une de levar a este equipo ao máis alto.

Gómez pediu a equiparación salarial e de dereitos entre as xogadoras mulleres e os xogadores homes, entre o futbol masculino e feminino. A visibilidade que na actualidade se está a dar no futbol feminino está ben, dixo, pero hai que igualalo ao masculino, hai que seguir nese camiño. O Cultural Maniños visita o próximo sabado ao Discalzas no campo do Beco, un rival do que gosta moito David Montero, segundo confesou a Radio Fene. Así que non poden confiarse.

Deportes

Publica o teu comentario agora