Orientación laboral para inmigrantes

Orientación laboral para inmigrantes

02 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Mulleres de Marrocos integran fundamentalmente os cursos para a poboación inmigrante que se viñeron impartindo en Ordes no pasado mes de novembro. Facilitouselles coñecementos en materia de español e tamén nocións de orientación laboral.

O Concello de Ordes deu por finalizados esta semana unha serie de cursos dirixidos á poboación inmigrante, uns cursos realizados en colaboración coa ONG Ecos do Sur, e que contaron co financiamento da Secretaría Xeral de Emigración e o Ministerio de Traballo e Inmigración.

Concretamente tratouse de dous cursos, un de español e outro de orientación académica e laboral, nos que participaron un total dunha vintena de mulleres inmigrantes.

En canto ao curso de español, de nivel básico, tivo lugar dende o 16 ao 24 de novembro na Casa da Cultura de Ordes en horario de mañá. Por outra banda, o curso de orientación académica e laboral, celebrouse do 19 ao 29 deste mes tamén pola mañá.

Sociedade