Orixinal experiencia teatral de Quico Cadaval en Ferrol

Orixinal experiencia teatral de Quico Cadaval en Ferrol

17 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Facer teatro no escaparate dun comercio. Ese soño convertiráse en realidade esta semana na Rúa Real, 44 de Ferrol, da man do director, autor e actor teatral Quico Cadaval. O martes, mércores e xoves representará o seu Conversatorio entre as seis da tarde e as dez da noite. Polo módico prezo de 1 euro os viandantes que queiran participar poderán conversar con Cadaval sobre a vida e sobre o mundo.

A performance Conversatório apresentase en Ferrol, depois de ter estado no Festival de Teatro Cómico e Festivo de Cangas  e no PAN de Morille , xornadas de poesia e arte no meio rural.

 

Conversatório, medidas variaveis  é unha obra -em-andamento(work-in-progress) de Quico Cadaval que se exibiu pola primeira vez  en xuño de 2008 na presentación do disco de Eclectica Emsemble no entorno do Centro Galego de Arte Contemporânea, exactamente a 5 metros da xanela da cafetaria do CGAC.

 

Conversatório é un acto teatral que pertence ao xênero da performance, unha experiência de teatro biolóxico in vitro.

 

Quico Cadaval, co apoio dunha vendedora de tempo, Marga Alborés, submete-se a conversar con alguém que pague a modesta tarifa de 1 €.  O tempo de conversa é repartido entre Cadaval e o cliente, utilizando um rigoroso relóxio de xadrez. A conversa pode ser vista, mais non ouvida, polo público casual que pase no lugar dos feitos. Cadaval garante o segredo sobre o tema ou conteúdo da conversa, os clientes son livres de difundi-lo e deformá-lo.

 

A performance Conversátorio evidencia a carestia e o carácter irremediavelmente hierárquico de qualquer conversa, é unha máquina produtora de micro-dramas, e permite identificar as diferências entre colóquio, interrogatório, confesom, inquérito, papo-furado, sermon, comício, revelación, e outras formas do falar-entre-dous.

Cultura